Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Brión adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística


 

O DOG publica o convenio de adhesión do Concello de Brión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), de xeito que pasará a ser membro da APLU dende mañá xoves. Unha adhesión aprobada por unanimidade na sesión plenaria de decembro de 2017 e asinada en setembro de 2018 polo alcalde brionés, José Luís García, e a daquela conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

O Concello de Brión achegará 4.650 euros e delegará na APLU das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da LSG, en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións. Unha delegación sempre que as supostas actuacións estean situadas en solo rústico ou non urbanizable, solo urbanizable ou apto para urbanizar e núcleos rurais delimitados no planeamento urbanístico de Brión.

O Concello de Brión conservará as competencias de reposición da legalidade e a potestade sancionadora, tendo que entregar o 50% do importe das multas coercitivas e sancións impostas pola APLU.